Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta crea unha comisión interdepartamental para prepararse ante a eclipse total do 12 de agosto

A Xunta crea unha comisión interdepartamental para prepararse ante a eclipse total do 12 de agosto

Nunha faixa de case 200 quilómetros que vai desde A Costa da Morte ata Valdeorras farase noite en horario diúrno

Ante a previsión de desprazamentos e de moitos actos para contemplar o fenómeno, créase esta comisión para que todas as consellerías se coordinen

G24.gal 21/01/2026 15:18

Nas eclipses de Lúa basta que a Lúa esta por riba do horizonte para que todo o mundo o poida ver; as eclipses de sol son diferentes, explica o catedrático José Angel Docobo, "só se ven nunha pequena proporción de terreo, aproximadamente nunha franxa de 200 quilómetros. Por iso, que cadre nunha mesma zona é moi excepcional", di.

É tan excepcional que a última que vimos na Península Ibérica foi en 1912. Case instantáneo, púidose ver no Barco e Verín onde -case parece maxia- van volver ter ese privilexio.

"Galicia vai ser unha das zonas onde mellor se vai poder observar e contemplamos que vai haber moitos desprazamentos", declarou Diego Calvo, o conselleiro da Presidencia.

Porque iso é o que pasa cando hai unha eclipse total nalgún lugar do mundo: que hai turismo astronómico.  E esta comisión da Xunta nace para divulgar información, coordinar e previr problemas e incidentes. Para ese día 12 de agosto, xa confirmaron cinco transatlánticos na Coruña e xa hai reservas nos hoteis.

"A totalidade vai durar pouco, na Coruña 80 segundos, en Lugo un pouco máis, e onde máis vai durar é na Mariña de Lugo", detallou José Ángel Docobo, que é catedrático de Astronomía e coordinador científico do Observatorio Astronómico da USC

Farase noite por un minuto e pico, sobre as oito e media da tarde. Unha escuridade que ademais, cadra co día das perseidas, así que a eclipse pode permitir que vexamos as bágoas de san Lourenzo en horario diúrno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade