Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estes son os concellos nos que se suspendeu o transporte escolar

Estes son os concellos nos que se suspendeu o transporte escolar

A neve obrigou a suspender o servizo en 17 centros da montaña de Lugo e Ourense 

No horario de tarde tampouco haberá servizo de autobuses nos centros educativos situados nos concellos en alerta amarela

Na mariña lucense e no norte da Coruña suspéndense as actividades en exteriores

G24.gal 16/01/2023 16:38 Última actualización 17/01/2023 13:35

A Consellería de Educación informa de que este martes queda suspendido o transporte escolar nos 17 centros educativos situados nos concellos das zonas das montañas de Lugo e Ourense para as que se decretou un aviso de nivel laranxa desde as 6:00 horas ata primeiras do mércores por causa do temporal de neve

Ademais vaise facer un seguimento das condicións climáticas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras sobre as que hai aviso amarelo, para atender a evolución dos acontecementos.

Ademais no horario de tarde non haberá transporte escolar nos 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras, que están afectados por un aviso de amarelo.

Ao mesmo tempo decretouse a suspensión de actividades en exteriores nos centros educativos situados nas zonas da Mariña Lucense e o noroeste da Coruña ata as 12:00 deste martes, a causa dun aviso de nivel laranxa por vento

Por parte da autoridade Educativa, informa a Consellería, vaise comunicar esta incidencia aos directores dos centros escolares e ás empresas de transporte, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.

Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar