Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reclama que sete dos novos trens Avril operen liñas con destino a Galicia

A Xunta reclama que sete dos novos trens Avril operen liñas con destino a Galicia

Ao mesmo tempo, o Consello da Xunta solicitou que os Alvia substituídos operen en Lugo e Ferrol

O Goberno galego analizou un informe sobre a alta velocidade e conclúe que é preciso que haxa seis frecuencias diarias máis con Madrid

G24.gal 26/01/2023 14:21

O Goberno galego revisou este xoves un informe co que reclamará ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que destine a Galicia sete dos 30 trens Avril en fabricación para conectar a Comunidade con Madrid mediante a alta velocidade.  

Ademais, pedirá que os Alvia que hai agora mesmo, e que serán substituídos por estes Avril, sirvan para as rutas ferroviarias a Lugo e a Ferrol, de modo que poidan conectarse con Ourense e A Coruña, respectivamente, onde están as estacións de partida da AVE á capital española.  

Tal e como avanzou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras a reunión semanal do seu Executivo, este informe avoga tamén por aumentar os servizos diarios cara a Madrid: seis máis desde A Coruña e desde Vigo.  

De igual modo, dada a "preocupación" que ten arredor dos "atrasos e inconcrecións" do Ministerio cos Avril, Rueda solicitou comprobar 'in situ' as probas que se están realizando con estes convois.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade