Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta quere levar a atención primaria domiciliaria a toda Galicia nos próximos 2 anos

A Xunta quere levar a atención primaria domiciliaria a toda Galicia nos próximos 2 anos

Alfonso Rueda di que se fará a través dunha "organización" do traballo dos médicos e un "reforzo" no persoal de enfermería

A Xunta crea unhas axudas para a compra de dispositivos e evitar o 'apagamento da TDT'

G24.gal 08/02/2024 14:46 Última actualización 08/02/2024 14:58

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou a aprobación este xoves do plan para a atención primaria domiciliaria 2024-2025 dotado cun total de 6 millóns de euros, 3 millóns por ano, para atender aos pacientes que non poden desprazarse aos centros de saúde.

Na súa comparecencia tras o Consello de la Xunta, o penúltimo antes das eleccións do 18F, explicou que a atención domiciliaria hospitalaria xa funciona "con éxito", con 7.000 pacientes atendidos, e agora quérese estender este sistema tamén á atención primaria.

Segundo lembrou, a atención a domicilio desde os centros de saúde probouse nun plan piloto na zona do Val Miñor que foi exitoso e agora a intención é xeneralizalo a toda Galicia, sempre a través dun "contacto directo entre paciente e médico" para atender "fisicamente" e non a través de medios telemáticos, que xa funcionan para o control de crónicos, explicou.

A través deste plan establecerase un "protocolo común" para todas a área sanitarias e crearanse novos equipos e soportes e atención domiciliaria, a través dunha "organización" do traballo dos médicos e un "reforzo" no persoal de enfermería.

Rueda aclarou que se trata de pacientes que xa están nas cartillas dos médicos que non poidan acudir ao centro de saúde e trátase de facilitarlles un "contacto directo" nos seus domicilios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar