Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta pídelle por carta ao Goberno que lle envíe "calquera medio que estea dispoñible"

A Xunta pídelle por carta ao Goberno que lle envíe "calquera medio que estea dispoñible"

Rueda solicita que 35 patrullas Brilat se concentre en Ourense para labores de apoio e colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Autonómica

O presidente autonómico afirmou que "volve ser un día complicado" na loita contra os incendios polas altas temperatura e o vento cambiante

O presidente da Xunta, no CECOPI de Ourense
G24.gal 15/08/2025 14:16

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que pedirá este venres por carta ao Goberno nacional que lle envíe "calquera medio que estea dispoñible" para a loita contra os lumes que afectan á comunidade autónoma, especialmente á provincia de Ourense, que segue en nivel 2 de emerxencia.

O dirixente autonómico compareceu ante os medios de comunicación na visita que realizou coa conselleira de Medio Rural, María José Gómez, ao Centro de Coordinación Operativa (CECOP) de Ourense.

Desde alí fixo de novo un "chamamento" para solicitar máis medios e indicou que "hoxe mesmo" o reiterou "por carta ao Goberno central para que calquera medio que haxa dispoñible", que "non estea ocupado noutra emerxencia", se suma "á loita contra incendios na provincia de Ourense" baixo a "coordinación" da Xunta.

Entre eles, citou ás forzas armadas para que se incorporen tamén a "tarefas de apoio, loxística ou vixilancia" e mencionou o convenio co Ministerio de Defensa que cada ano incorpora á Brigada Galicia VII (Brilat), con base en Pontevedra, ás tarefas de vixilancia dos montes entre hoxe e o 30 de setembro a través do a operación Centinela Gallego.

Rueda pediu que esas 35 patrullas militares, "uns 70 efectivos", da Brilat se concentre en Ourense para labores de apoio e colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Autonómica. Lembrou que é un convenio de vixilancia que a Xunta de Galicia "sufraga" e por iso espera que se reoriente aos labores en Ourense de maneira "inmediata".

O presidente autonómico afirmou que "volve ser un día complicado" na loita contra os incendios polas altas temperaturas, a previsión de ausencia de choiva e a "posibilidade de que haxa ventos cambiantes", que fan que o lume sexa impredicible.

Rueda precisou que as estradas principais están abertas e que segue pechada a conexión ferroviaria entre Galicia e Madrid ata que se poida "garantir que en todo o tramo non hai ningún problema de seguridade".

O dirixente avogou por "non baixar a garda" e fixo un chamamento á "prudencia", á vez que agradeceu o "labor de investigación" dos corpos de seguridade sobre os incendios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade