Cargando resultados...
A Xunta pídelles aos concellos da conca Galicia-Costa reducir o consumo de auga
O Goberno galego fai esta petición porque a demarcación continúa en prealerta por seca

G24.gal
13/05/2022 20:09
A Xunta pídelles aos concellos da conca hidrográfica Galicia-Costa que reduzan o consumo de auga porque a demarcación continúa en prealerta por seca e, ademais, agora empeza a época de maior demanda de auga.
Entre as recomendacións aos municipios están a de reducir as regas de xardíns e as presións das redes de subminsitración durante a noite, minimizar o baldeo de rúas ou restrinxir a renovación da auga das piscinas.