Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta non baralla pedir o aval xudicial para aplicar o toque de queda

A Xunta non baralla pedir o aval xudicial para aplicar o toque de queda

Non é unha das liñas que estea "encima da mesa", asegurou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña

O representante autonómico avogou por reforzar o uso da máscara e por esforzarse no proceso de vacinación

Reducir contactos, máscara na rúa ou toque de queda: as demandas das autonomías a Sánchez

G24.gal 21/12/2021 12:49

A Xunta non baralla pedir o aval xudicial para volver aplicar o toque de queda, como quere facer Cataluña co propósito de frear por esa vía o avance da pandemia da covid-19 impulsado pola variante ómicron.

Non é unha das liñas que estea "encima da mesa", asegurou este martes o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia no salón de plenos do Concello de Ourense tras a firma dun convenio para financiar a ampliación do CHUO, que arrincará a principios de 2022.

O representante autonómico avogou por reforzar o uso da máscara e por esforzarse no proceso de vacinación, á parte de reclamar un documento que "se poida estudar e acordar" e que ao seu xuízo debería saír da reunión da Comisión de Saúde Pública desta xornada.

Polo demais, ata que finalice a Conferencia de Presidentes, convocada para este mércores, non ve "oportuno" Comesaña avanzar medidas nin "por suposto" pronunciarse acerca das expostas por outras comunidades autónomas, que "teñen o seu dereito" a trasladalas antes desa decisiva cita. "Pero cremos, no caso de Galicia, que é máis oportuno facelo despois", subliñou o conselleiro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos