Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta lanza dúas liñas de axudas para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios

A Xunta lanza dúas liñas de axudas para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios

Como novidade tamén haberá achegas para financiar os gastos dos trámites técnicos que requiren estas rehabilitacións

Son un total de 23 millóns de euros e poden solicitarse a partir do martes

G24.gal 13/05/2022 14:48

As comunidades de veciños e os particulares poderán contar con axudas de ata 30.000 euros para a mellora enerxética dos inmobles. Serán para obras de renovación de cubertas e fachadas e para a retirada do amianto, que permitirán reducir ata un 30 por cento o consumo enerxético.

Como novidade tamén haberá achegas para financiar os gastos dos trámites técnicos que requiren estas rehabilitacións. Dúas novas liñas de axudas para as que a Xunta destina 23 millóns de euros. Poden solicitarse a partir do martes.

"Que Galicia siga dando pasos importantes no eido da rehabilitación para ter cidades máis fermosas, máis sostibles e con maior calidade de vida", dixo Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade