Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta lanza a campaña turística deste ano coa ollada posta no mercado internacional

A Xunta lanza a campaña turística deste ano coa ollada posta no mercado internacional

O obxectivo é recuperar o turismo estranxeiro sen renunciar ao nacional

G24.gal 04/06/2022 19:47

A Xunta acaba de presentar a campaña de promoción turística Camiña a Galicia 2022, que neste segundo ano santo consecutivo está dirixida a atraer visitantes internacionais.

Presentouse en Ourense, porta de entrada do AVE á nosa comunidade, porque a alta velocidade, di o presidente Alfonso Rueda, será clave para o sector turístico, que prevé acadar cifras de récord este ano.

O Teatro Principal de Ourense converteuse en estación de tren por un día, porque os camiños de ferro, coma os de terra, serán fundamentais para o turismo, defende o presidente da Xunta, que lembra o compromiso do Goberno central de levar a alta velocidade a outras cidades galegas este verán.

Sen renunciar ao nacional, o obxectivo da Xunta este ano é recuperar o turismo estranxeiro. Con todo, Alfonso Rueda defende que non hai que obsesionarse cos números e si apostar pola calidade, idea que comparte o sector.

Por segundo ano Xoel López pon a banda sonora da campaña que anima a camiñar a Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade