Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta inviste sete millóns de euros nas tres universidades para equipamento científico e técnico

A Xunta inviste sete millóns de euros nas tres universidades para equipamento científico e técnico

Poderán mercar tecnoloxía para os centros de investigación, facultades e edificios

Román Rodríguez salienta que se blinda o apoio a proxectos de menos de medio millón de euros que o Ministerio de Ciencia xa non financia

Destaca a "xenerosidade, consenso e colaboración" que fai posible a materialización de "estratexias de país"

G24.gal 14/12/2021 14:54

A Xunta e as tres universidades públicas do Sistema Universitario Galego veñen de selar un acordo de colaboración a través do cal o Goberno galego inxecta preto de 7 M€ para a adquisición e mellora de equipamento e instalacións científico-técnicas para os seus campus durante este ano 2021.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López; o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, e o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde asinaron esta mañá o acordo, a través do cal poderán adquirir todo tipo de tecnoloxías para os seus centros de investigación, facultades e edificios.

Román Rodríguez explicou que esta acción é un exemplo máis do compromiso do Goberno galego co sistema universitario, que blinda así a achega de fondos públicos autonómicos para o desenvolvemento de "proxectos universitarios esenciais", logo de que o Ministerio de Ciencia "deixe de asumir o financiamento daqueles investimentos en infraestruturas científicas universitarias que non superen o medio millón de euros, como viña facendo ata o momento".

Esta liña de apoio engádese a outras tamén en marcha este ano por parte da Xunta como son os 12,5 M€ de dotación específica ás tres universidades para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i e outra liña de 10 M€ para o desenvolvemento de proxectos de dixitalización e innovación, todos eles xa asinados nas últimas semanas.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade