A Xunta insiste no compromiso de Altri co seu proxecto en Palas de Rei
A fábrica de fibras téxtiles do grupo portugués xerará 2.500 empregos
O presidente do Goberno garantiu que haberá fondos europeos para financiar o proxecto de Altri en Palas de Rei, a instalación dunha fábrica de fibras téxtiles que permitirá a creación de 2.500 postos de traballo.
O grupo portugués continúa traballando no estudo de impacto ambiental e no deseño de enxeñería e non confirmará a súa entrada en Galicia ata o primeiro semestre do ano que vén, pero a Xunta insiste no compromiso firme da multinacional lusa.
Colaboración para concretar medidas reais de aforro enerxético
O vicepresidente primeiro da Xunta pediu a colaboración entre o Goberno central e as comunidades autónomas para concretar accións eficaces de aforro enerxético, algo no que, dixo, Galicia leva anos traballando.
Para Francisco Conde, as medidas que se aprobarán o luns no Consello de Ministros, como os límites na climatización de empresas e comercios, son máis estéticas que reais.