Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta iniciará o 11 de maio a recollida de mostras de sangue para o Proxecto Xenoma en Ferrol

A Xunta iniciará o 11 de maio a recollida de mostras de sangue para o Proxecto Xenoma en Ferrol

As extraccións realizásense de luns a xoves entre as 15:30 horas e as 18:30 horas, desde o 11 ata o 26 de maio, no Hospital Arquitecto Marcide, cuxos participantes "non deberán acudir en xaxún"

Extracción da sangre no marco do Proxecto Xenoma en Galicia/MONICA ARCAY CARRO-Arquivo Extracción da sangre no marco do Proxecto Xenoma en Galicia/MONICA ARCAY CARRO-Arquivo
G24.gal 24/04/2026 12:26

A Xunta iniciará o próximo 11 de maio, luns, a recollida de mostras de sangue na área sanitaria de Ferrol, dentro do marco da nova fase do Proxecto Xenoma, encamiñado a identificar variantes xenéticas relacionadas con cancro de mama e ovarios, síndrome de Lynch e hipercolesterolemia familiar.

Tal e como informou a Consellería de Sanidade a través dun comunicado este venres, a mostra será recollida entre participantes de entre 35 a 70 anos, que recibirán unha mensaxe SMS de invitación (enviada de forma aleatoria) con toda a información para participar e poder reservar cita.

En concreto, o obxectivo é alcanzar os 347 participantes en Ferrol e os case 5.000 participantes en toda Galicia, unha vez que se estenda a invitación ao resto de áreas sanitarias da comunidade, iniciada no territorio de Santiago de Compostela e O Barbanza.

As extraccións realizásense de luns a xoves entre as 15:30 horas e as 18:30 horas, desde o 11 ata o 26 de maio, no Hospital Arquitecto Marcide, cuxos participantes "non deberán acudir en xaxún".

Neste sentido, a primeira e segunda fase do proxecto piloto permitiron detectar 27 persoas portadoras deste tipo de variantes xenéticas de alto risco.

Así, en función da variante identificada, infórmase das opcións de seguimento personalizado, de posibles probas a familiares próximos, así como de hábitos de vida saudables que se poden seguir para diminuír o risco no caso de que se desenvolva a patoloxía.

A iniciativa conta cun investimento de 20 millóns de euros, cuxo obxectivo será "recompilar o ADN de 400.000 persoas", sendo este "un dos proxectos de maior envergadura do mundo". "Permitirá predicir o risco de enfermidades antes de que aparezan para poder anticiparse a elas e ofrecer tratamentos farmacolóxicos individualizados", sinalaron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade