A Xunta impulsa a rehabilitación do casco vello de Vigo
O goberno galego investiu na mellora da zona histórica viguesa máis de 30 millóns de euros
Alfonso Rueda aposta por rehabilitar as zonas vellas das cidades
A Casa da Maxia era antes un vello edificio en ruínas e coma el moitos outros da zona vella viguesa. Nos últimos 20 anos rehabilitáronse 140 vivendas e 36 locais comerciais grazas á colaboración entre a Administrción Autonómica e Local.
O Presidente do Colexio de Arquitectos de Vigo, Manuel Martínez, explica que se trata dun "conxunto de intervencións de calidade onde se combina tradición e a modernidade, para por en valor a ensencia histórica sen renunciar a orixinalidade e solucións contemporáneas".
A Xunta investiu na rehabilitación da zona vella viguesa máis de 30 millóns de euros. Alfonso Rueda pon en valor unha nova achega de 7,1 millóns de euros que permite "mulitiplicar case por catro as nosas últimas aportacións".
"Se deixas que se degrade unha parte da cidade, sobre todo unha parte tan importante como é a parte vella, a orixe de todo, o que se acaba degradando é a cidade", afirma Rueda.
O presidente da Xunta lembrou que Vigo é a cidade galega onde máis vivenda pública está impulsando a Xunta.