Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta e o sector pesqueiro urxen o Goberno a pedir a suspensión cautelar do veto á pesca de fondo

A Xunta e o sector pesqueiro urxen o Goberno a pedir a suspensión cautelar do veto á pesca de fondo

Preparan informes técnicos para enviarlle ao ministerio que sustenten o recurso contra o regulamento comunitario

G24.gal 22/09/2022 20:20 Última actualización 22/09/2022 21:17

A Xunta e o sector pesqueiro instan o Goberno español a que presente canto antes o recurso contra o veto da pesca de fondo e solicite a suspensión cautelar da medida.

Este xoves reuníronse na Consellería de Pesca para preparar os informes técnicos que enviarán ao ministerio, necesarios para sustentar a reclamación xudicial.

Tanto o sector coma o Goberno galego insisten en que ten que ser o Estado o que presente o recurso ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea e que ten que facelo canto antes. 

O Goberno di que fará o posible para paralizar a medida

O ministro Luis Planas confirma que o veto á pesca de fondo estará na orde do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea da próxima semana. E insiste en que o Goberno fará todo o posible por paralizar a medida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade