Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta destina 4,8 millóns para a conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas

A Xunta destina 4,8 millóns para a conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas

O presidente Rueda pídelle ao Goberno que conxele tamén as peaxes da AP-9

G24.gal 04/11/2022 13:37

A Xunta de Galicia destinará 4,8 millóns de euros en 2023 a bonificar e conxelar as peaxes das autoestradas autonómicas: a AG-55 que une A Coruña e Carballo, e a AG-57 entre Vigo e Baiona, como medida para moderar os efectos da inflación, decisión da que se beneficiarán 26.500 usuarios casa día.

Así o anunciou este venres Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestruturas, na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos para presentar as contas do seu departamento para 2023, as cales ascenden a 283,8 millóns, 13 millóns máis que o exercicio en curso.

Nos orzamentos do próximo ano aumenta nun 86 por cento a partida dirixida a continuar coas bonificacións nas autoestradas autonómicas (por recorrencia, a familias numerosas e en horario nocturno) e a conxelar o prezo das peaxes, evitando unha subida do 7,3 por cento en derivada do IPC para partir do próximo 1 de xaneiro.

Menéndez lembrou que en 2022 a Xunta limitou a subida derivada do IPC ao 2,5 por cento fronte ao 5 por cento que lle correspondía.

O presidente Alfonso Rueda pídelle ao Goberno central, como titular da Austoestrada do Atlántico, que conxele o prezo das peaxes na AP-9 como fixo a Xunta cos autoestradas autonómicas.

Rueda solicitou unha reunión de inmediato coa nova concesionaria da AP-9, o fondo dos Países Baixos APG,  para trasladarlle que a Xunta estará vixiante na prestación do servizo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade