Cargando resultados...
Desactivado o plan Inungal tras un mes operativo polo risco de inundacións
O Goberno galego tomou a decisión tras a mellora dos caudais e as previsións meteorolóxicas
O río Lérez ao seu paso por Campo Lameiro. EUROPA PRESS/Adrián Irago
G24.gal
22/02/2026 15:10
Última actualización 22/02/2026 16:26
A Xunta desactivou este domingo, 22 de febreiro, o plan especial de Protección Civil ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal), tras cinco semanas operativo.
O Goberno galego toma a decisión polo nivel de normalidade que amosan os caudais e a previsión meteorolóxica para as vindeiras xornadas. Ademais, non hai ningún río en alerta.
Segundo indica, "redúcese considerablemente o risco por desbordamentos" na comunidade, logo dun mes de abundantes precipitacións. O Executivo activara o plan Inungal en fase de preemerxencia o pasado 20 de xaneiro.