Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta declara firme a multa de 3.000 euros aos Franco por non abrir a Casa Cornide

A Xunta declara firme a multa de 3.000 euros aos Franco por non abrir a Casa Cornide

Hai dúas frontes abertas en relación co inmoble: a recuperación para o patrimonio público que busca o Concello da Coruña e a apertura ao público que esixe a Xunta

A lei esixe que os BIC abran polo menos catro días ao mes

G24.gal 03/06/2025 13:06

A Xunta de Galicia declarou firme a multa de 3.000 euros aos Franco por incumprir a súa obrigación de abrir ao público a Casa Cornide, segundo puido confirmar EFE.

A Casa Cornide é un palacete exemplo da arquitectura residencial da Ilustración en Galicia, do século XVIII no centro da Coruña que en 1962 pasou a ser propiedade de Carmen Polo e, polo seu matrimonio en lucrativos, tamén de Francisco Franco, tras ser patrimonio do Ministerio de Educación e logo do Concello da Coruña.

Na actualidade hai dúas frontes abertas en relación ao inmoble: a recuperación para o patrimonio público que busca o Concello da Coruña e a apertura ao público que esixe a Xunta, ao declarala Ben de Interese Cultural (BIC).

A lei esixe que os BIC abran polo menos catro días ao mes, obrigación que non se cumpriu ata o de agora desde o inicio do proceso en 2021 nin a súa firmeza en 2023, ademais doutras cuestións en materia de conservación.

Ante esa situación, a Consellería de Cultura da Xunta realizou unha proposta de sanción aos herdeiros do ditador, que recorreron, pero este martes foi notificada a negativa ao recurso de alzada, polo que a multa de 3.000 euros é firme e pon fin á vía administrativa, aínda que resta a xudicial.

Ademais, o Goberno galego tamén ten autorizado desde o 12 de maio o plan de visitas proposto polos Franco, que establece visitas os luns ou os xoves de 9 a 13 horas, con grupos de cinco persoas por hora.

Isto foi aprobado excepto no que se refire a que a Consellería de Cultura deba asumir os posibles gastos derivados das visitas, pois a familia propoñía un convenio, que foi rexeitado.

Os Franco viviron unha situación parecida co Pazo de Meirás (Sada), cando tamén tiveron unha sanción económica por incumprir o réxime de visitas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos