Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta dá por estabilizado o 80 % do incendio de Quiroga

A Xunta dá por estabilizado o 80 % do incendio de Quiroga

Os medios de extinción concéntranse nos montes de Outeiro e Soldón para que o lume non avance cara ao Courel

G24.gal 20/08/2025 20:54 Última actualización 20/08/2025 21:07

É a primeira xornada que o incendio de Quiroga diminúe o seu avance. O lume está aínda sen controlar, pero conseguiuse estabilizar o 80 % do perímetro do incendio.

Ramón Recamáns, director técnico de Extinción de Incendios da Xunta, di: "A liña de control que establecemos non a cruzou nas últimas 24 horas. Cada vez temos menos fronte, pero non podemos dicir que o lume está estabilizado ao completo porque en calquera momento se pode complicar".

Os equipos de extinción refrescan as zonas xa queimadas para evitar que reavive o lume. Especialmente onde hai núcleos de poboación. O incendio chegou a ter un perímetro de 163 quilómetros. Calcúlase que en todo o municipio de Quiroga, arderon nos últimos seis días 9.000 hectáreas. 

O incendio móvese agora polos montes de Soldón e Cruz de Outeiro, próximo ás vivendas da aldea de Outeiro. A UME sumouse nesa zona aos equipos de extinción para evitar que o lume avance cara a Folgoso e entre no corazón da serra do Courel, xeoparque mundial da Unesco.

Ignacio Sánchez, xefe do servizo de extinción de Incendios de Lugo, di: "Entrou un pouco na zona de amortecemento e non chegou ao concello do Courel. E creo que imos conseguir salvalo".

Hai un foco activo pola outra fronte da serra, pero, de momento, o lume avanza cara a León.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade