Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta cre que a nova ABAU é unha oportunidade perdida para homoxeneizar o exame

A Xunta cre que a nova ABAU é unha oportunidade perdida para homoxeneizar o exame

O Goberno envioulles ás comunidades autónomas o borrador do proxecto de lei

A Xunta bota en falta unha guía sobre como vai ser a nova proba competencial

G24.gal 31/03/2024 12:38 Última actualización 31/03/2024 13:31

En España o Goberno quere que o exame para o acceso á universidade de 2025, a ABAU, sexa moi semellante para os alumnos de todo o país, pero respectando as competencias das comunidades autónomas.

De momento o novo modelo é un borrador que están analizando os gobernos autonómicos. A Xunta cre que é unha oportunidade perdida de facer unha ABAU común para todo o Estado que garanta a igualdade dos alumnos.

"Hai unha definición moi xenérica do que é a proba de acceso á universidade, de xeito que non se pode levar a cabo unha proba homoxénea en todo o territorio, nós defendemos unha proba común, que non idéntica, pero si cunhas características comúns", asegura a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa.

A Xunta valora que as faltas gramaticais e de ortografía penalicen, como xa sucede en Galicia, e tamén o enfoque competencial que se lle quere dar á nova ABAU, é dicir, que o alumno sexa capaz de aplicar coñecementos e non só memorizalos, pero cre que tamén aquí falta claridade.

 "Determinar de maneira clara como vai ser esa proba competencial, tamén para asegurar esa homoxeneidade en todo o territorio que como digo é a grande eiva que temos no sistema actual".

O borrador da nova ABAU ten que pasar polo Consello de Estado antes de aprobalo no consello de ministros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos