Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta considera que a nova ABAU non unificará criterios de exame e desvalorizará a calidade do ensino

A Xunta considera que a nova ABAU non unificará criterios de exame e desvalorizará a calidade do ensino

O Conselleiro de Educación pídelle ao Goberno un exame único e vontade ao Ministerio para traballar coas comunidades en corrixir esta proposta

Román Rodriguez critica que o Estado está facendo cambios continuos de xeito moi precipitado en materia de educación, sen ter moi claro o obxectivo

G24.gal 29/07/2022 13:45

O Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia falou este venres na RG do novo modelo de selectividade presentado polo Goberno. 

A proposta non convence o Goberno Galego porque non soluciona o problema de fondo das probas de acceso á universidade, xa que non unifica criterios de exame entre as comunidades.

"Temos unha porta de entrada ao conxunto da universidade e, con todo, 17 exames diferentes. Aí está a desigualdade, e houbo unha posición contraria por parte do Goberno a corrixir este aspecto", clarifica.

En segundo lugar, Román Rodríguez considera que con esta proba, o Estado rebaixará os niveis de esixencia e de calidade no sistema educativo. 

"Se se fan menos exames, e por riba se poden facer de xeito diferente en cada comunidade, pódenos levar a desvalorizar o nivel de calidade e o esforzo dos alumnos", matiza.

Sobre a diversidade de probas e a cuestión competencial, apunta o Conselleiro de Educación que non se trata dun asunto de legalidade, senón de dereitos e de ofrecer igualdade de oportunidade ós alumnos. Román Rodríguez ve posible que as comunidades e o Ministerio acaden un acordo neste punto, non obstante, considera que se trata dunha cuestión de vontades e de achegar solucións conxuntas a este problema. 

Neste sentido, enfatiza nas decisións que o Goberno Central ven tomando nos últimos tempos en materia de Educación (pasar de curso con suspensos, suprimir notas numéricas en secundaria...), na opinión do Conselleiro, encamiñadas a igualar os resultados educativos á baixa, e non poñendo sobre a mesa os apoios necesarios para quen os precisa.

"España ten un elevado nivel de fracaso escolar. Moi por baixo do que se lle podería presupoñer a unha das grandes economías de Europa. Isto conséguese non igualando por baixo, senón axudando, con programas educativos, apoio a quen máis o precisa...· 

O borrador do real decreto que mudará a selectividade, entrará en fase de tramitación no mes de setembro. 

O Goberno xa lle trasladou ás comunidades a súa intención de telo rematado e empezar coas primeiras probas, de xeito experimental, o verán que vén. 

Román Rodríguez critica que o Estado está facendo cambios continuos de xeito moi precipitado en materia de educación, sen ter moi claro o obxectivo.

Galicia a comezará o próximo curso sen ter aínda os documentos aprobados

Román Rodríguez achácalle ao Goberno a tardanza na publicación dos RD que regulan os novos currículos para o ensino no próximo curso. Cos de secundaria e bacharelato aínda pendentes de aprobar, Galicia a comezará o próximo curso sen ter aínda os documentos aprobados. 

Non obstante, editoriais e profesorado poden consultalos para deseñar as materias do curso. Salienta Román que estes foron anos moi difíciles para o ensino, ao tempo que pon en valor o traballo realizado polos profesores e os centros para levar a cabo este traballo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade