Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta chama a aproveitar o talento galego estendido polo mundo

A Xunta chama a aproveitar o talento galego estendido polo mundo

Finalizan a súa formación de mestrado mozos galegos que recibiron unha bolsa da administración autonómica para cursar estudos no país

G24.gal 17/06/2022 17:13

Este venres rematan os seus estudos os máis de 200 mozos galegos residentes no estranxeiro que recibiron unha bolsa da Xunta para estudar un mestrado en Galicia. Na entrega de diplomas, o presidente Alfonso Rueda destacou o éxito desta iniciativa que ten como obxectivo que os fillos dos emigrantes atopen en Galicia un futuro laboral. 

Laura, da Arxentina e con 37 anos, aparcou un traballo fixo en Bos Aires para cursar na Universidade de Santiago un mestrado en xestión cultural. Como moitos dos seus compañeiros de bolsa, de momento non pensa no billete de volta.

O presidente da Xunta lembra que dende o 2017, cando se crearon, déronse 1.150 bolsas a mozos de 35 países para estudar 90 mestrados nunha das tres universidades galegas. Alfonso Rueda destaca as oportunidades que dan estas bolsas aos mozos e a Galicia.

As solicitudes para optar a unha destas bolsas duplican a oferta, así que a Xunta aumenta en 50, ata as 250, as prazas para o vindeiro curso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade