A Xunta anuncia unha plataforma para consolidar Galicia como escenario de cine
O conselleiro de Cultura subliña que investir na industria cultural galega xera riqueza
A segunda temporada da serie "Operación Marea Negra", actualmente en rodaxe, elixiu localizacións galegas para dez das doce semanas de gravación. A trama central desenvólvense na Fábrica de Armas da Coruña, transformada para a ficción nun cárcere.
O conselleiro de Cultura aproveitou unha visita ao equipo para anunciar unha nova plataforma dixital ao servizo do audiovisual que consolide Galicia como escenario de cine. Román Rodríguez destacou que investir na industria cultural galega xera riqueza.
"Estamos a investir arredor de dous millóns para captar rodaxes. Iso supón un retorno de entre 23 e 24 millóns de euros e uns 250 postos de traballo"
Desde Ficción Producciones, a produtora galega de "Operación Marea Negra", subliñan que os apoios recibidos permitíronlles contar cun equipo de pesos pesados e enriquecer a escenografía.
"Este cárcere, sen ir máis lonxe, que creamos ad hoc para facer a serie"
O actor chileno Jorge López, que comparte escena entre outros con Óscar Jaenada, asegura que está encantado coas localizacións galegas.
"Cada escena ten un retrato xenuíno do que é esta terra"
Na Consellería de Cultura indicaron que no que vai de ano destinaron máis de 7,2 millóns de euros ao audiovisual galego.