Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta amplía a superficie pública do parque natural das Fragas do Eume en 5 hectáreas

A Xunta amplía a superficie pública do parque natural das Fragas do Eume en 5 hectáreas

 A vicepresidenta segunda asinou este venres a compravenda das primeiras tres parcelas privadas

G24.gal 16/02/2024 16:10

Este venres a Xunta de Galicia anunciou a adquisición de seis parcelas cunhas 5 hectáreas de superficie total no parque natural das Fragas do Eume, para ampliar a "superficie pública". Nesta xornada asinouse a escritura de compravenda dos tres primeiros terreos privados.

A vicepresidenta segunda do Goberno galego e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, rubricou ditos documentos nunha notaría de Ferrol. Tamén avanzou que eses terreos, localizados nos municipios de Cabanas e As Pontes, suman máis de dúas hectáreas.

O Executivo autonómico sinalou nun comunicado que a compra das tres parcelas restantes formalizarase "nos próximos días". Tamén destacou que a medida busca "realizar actuacións de conservación e restauración de zonas de máximo interese desde o punto de vista ecolóxico".

Vázquez indicou que se eliminarán e retirarán as especies invasoras e mellorarase a continuidade das masas de frondosas autóctonas, considerando que é "de vital importancia a realización de actuacións que persigan incrementar a superficie pública de bosques e a súa recuperación".

A conselleira apostou por "asegurar a conservación da natureza a través do mantemento dos procesos ecolóxicos, a preservación da biodiversidade dos ecosistemas e a aplicación de medidas que garantan a singularidade da paisaxe e a restauración de recursos naturais degradados".

A Xunta quere, así, reivindicar o seu "compromiso de facer compatible a protección e preservación dos valores, hábitats e principais especies de flora e fauna que alberga este territorio cunha actividade económica sostible". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar