Activan o plan Inungal polo risco de anegamentos pola chuvia
Galicia vive unha nova xornada de avisos por chuvia, vento e ondada
O temporal deixa refachos de vento de máis 140 km/h e choiva acumulada que supera os 30 litros por metro cadrado
Durante a mañá deste martes a fronte activa que nos afectou nas últimas horas comezará a afastarse de Galicia, pero así e todo a chuvia prevese nesta primeira metade do día, moi intensa nas provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña. Pola tarde irán entrando chuvascos que tenderán a remitir contra a noite. Os avisos por chuvia no interior obrigou a Xunta a activar o plan Inungal polo perigo de anegamentos.
Todo o litoral galego está en aviso por ondada e refachos de vento.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior lembra da necesidade de adoptar as medidas preventivas correspondentes, así como de alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles en función da situación.
As temperaturas baixan e con elas a cota de neve que se vai situar nos 1.200 metros.
O temporal deixa refachos de vento de máis 140 km/h e choiva acumulada que supera os 30 litros por metro cadrado
Galicia continúa baixo a influencia do temporal, aínda que xa se desactivaron case todas as alertas, excepto a amarela por ondada en Costa da Morte e Rías Baixas. Con todo, aínda se deixou sentir de madrugada, con refachos de vento de máis de 140 km/h e precipitacións acumuladas que superaron os 30 litros por metro cadrado.
Segundo os datos recollidos por MeteoGalicia, os refachos de vento máis fortes rexistráronse arredor das 2:00 horas en Manzaneda, con 141.6 km/h. En Muras rexistráronse de 111 km/h ao redor das 4:00 horas; en Cedeira, 112,8 km/h, e en Vimianzo, 102,5 km/.
En canto ás precipitacións, a maior acumulación rexistrouse en Santa Comba, con 31,3 litros por metro cadrado e en Muíños, con 30.4 litros por metro cadrado. Xa por baixo de 30 quedou Lousame, con 27 litros por metro cadrado.