Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta acorda co sector a apertura de ata 25 quilómetros máis para a extracción de mexilla

A Xunta acorda co sector a apertura de ata 25 quilómetros máis para a extracción de mexilla

A previsión é que sexa a partir do 13 de marzo

A decisión busca  que os bateeiros poidan facer fronte á escaseza de cría deste ano

Parte do sector non está de acordo e pide xestionar a extracción

G24.gal 08/03/2023 20:52

A Consellería do Mar acordou coa maioría do sector bateeiro a apertura nos próximos días de entre 20 e 25 quilómetros adicionais de costa para a extracción de mexilla. A medida pretende axudar os bateeiros a paliaren a escaseza de cría deste ano.

A previsión é que a apertura de novas zonas de traballo sexa a partir do luns e se complete durante esa semana. A apertura adicional foi analizada este mércores polo director xeral de Pesca  e representantes das principais organizacións produtoras de mexillón de Galicia (Opmega, Amegrove e Socomgal).

O Executivo galego agradece o compromiso das principais entidades mexilloeiras e a empatía mostrada polas federacións de confrarías de pescadores ante un escenario que dificulta a campaña de produción de mexillón.

Sector dividido

Ao encontro coa consellería acudiron a Organización de Produtores deas Mexillón de Galicia (Opmega), Socomgal e Amegrove. É dicir, tres das históricas e máis importantes e representativas entidades do sector.

Pero ao mesmo tempo os representantes dunhas vinte asociacións, reuníronse na Illa de Arousa para romper por completo o diálogo, anunciar novas mobilizacións e deixar claro que non acudiron á reunión porque xa só acceden a entrevistarse co presidente Alfonso Rueda. 

Entre as súas demandas está o “acceso total e libre” ás pedras para a extracción de mexilla para que deixe de estar controlada polas confrarías e percebeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos