Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta abre as listas de traballo temporal o 1 de marzo

A Xunta abre as listas de traballo temporal o 1 de marzo

Para susbstitucións de interinos e persoal laboral 

O período de inscrición remata o 30 de abril 

G24.gal 28/02/2022 15:29

A Xunta abre o un de marzo o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de abril, segundo recolle a resolución da Dirección Xeral da Función Pública publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos en institutos politécnicos, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, residencias de maiores, centros para persoas con dependencia, nos servizos de gardacostas ou como veterinarios.

O número de listas que estarán abertas para inscrición é de 36. Delas, 27 listas son para traballar como funcionario interino e outras nove para facelo como persoal laboral. No caso das listas que permanezan pechadas, as persoas interesadas que superaran algunha proba do último proceso selectivo ou prestaran servizos na Xunta para a lista correspondente a unha categoría, corpo, escala ou especialidade, sempre poden presentar a solicitude de inclusión.

O acceso ao emprego temporal na Xunta realízase a través do nomeamento de persoal funcionario interino ou de contratación temporal de persoal laboral. En ambos casos, as persoas seleccionadas proceden das listas elaboradas para este efecto.

Entre as listas abertas están as de enxeñeiros de camiños, canais e portos, de minas e de montes, veterinarios, profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, enfermeiro/a, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, auxiliar de enfermería ou xefe/a de cociña.

Tanto para o estado -aberto ou pechado-, en que se atope cada lista, como para o procedemento a seguir para inscribirse nelas poden consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://funcion-publica.xunta.gal, no apartado de ‘Listas de contratación’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos