Publicador de contidos

Publicador de contidos

A volta ao cole máis cara: os prezos do material escolar subiron un 30 %

A volta ao cole máis cara: os prezos do material escolar subiron un 30 %

As papelerías recomendan non atrasar as compras porque se prevé outra suba en setembro

G24.gal 11/08/2022 17:01

Ir coa lista preparada do material que mercar para a volta ao colexio dos nosos nenos pode deixarnos paralizados. Axendas, cadernos e os simples folios son un trinta por cento máis caros este curso.

As papelerías recomendan adiantar as compras pola nova suba de custos que podería haber en setembro.

Cando os cativos ven a volta ao cole como algo máxico, cando falamos de mercar o material para o inicio do curso, os pais veno como un pesadelo. Este curso terán que pagar o dobre por un paquete de folios, tres euros máis por un arquivador e case un trinta por cento máis en axendas e cadernos.

A responsable é a protagonista dos últimos meses, a inflación, que engadida á escaseza de papel, debuxa un comezo de curso moi complicado para as familias.

As papelerías recomedan non deixar as compras para o inicio de curso. Os prezos volverán a incrementarse en setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade