A visita a Guijuelo indixéstaselle ao Deportivo (2-0)
A visita a Guijuelo indixéstaselle ao Deportivo (2-0)
Carmona e Zalazar en propia porta marcaron os dous goles en menos de tres minutos
Villares e Narro tiveron que retirarse do partido mancados
O Deportivo quedou eliminado da Copa logo de perder en Guijuelo por 2-0. Óscar Cano meteu moitos xogadores pouco habituais e varios do filial, pero os novos non aproveitaron a oportunidade.
No primeiro tempo houbo poucas oportunidades. A mellor, unha de Coke para o equipo do Guijuelo, recén ascendido á 2.ª RFEF esta temporada pero que está a competir a moi bo nivel. A opción do Deportivo estivo nas botas de Kuki Zalazar.
O segundo tempo continuou do mesmo xeito, con poucas oportunidades e os dous equipos gardando a súa portería. No minuto 70 chegou a acción decisiva do partido co gol marcado por Pepe Carmona. En dous minutos o Deportivo desapareceu do partido, puido levar outro tanto e o Guijuelo acabou por sentenciar á saída dun córner botado por Cristóbal Gil que cabeceou Zalazar cara á súa propia portería.