A vila sevillana de Fuentes de Andalucía cambia o seu nome polo de Ucraína
O concello andaluz quere solidarizarse simbolicamente coas vítimas da guerra
Fuentes de Andalucía é un concello sevillano que cambia por un tempo o seu nome polo de Ucraína; tamén cambian os nomes dalgunhas rúas, para adoptar os de cidades atacadas polos rusos. O alcalde da localidade, Francisco Martínez, di que este cambio de nomes é un xeito simbólico de solidarizarse coas vítimas da guerra.
A vila sevillana quere converterse en lugar de acollida das vítimas das guerras
Fuentes de Andalucía ten uns 7.500 habitantes e un Goberno municipal en mans de Nova Esquerda Verde Andaluza, que xa lles deu o nome de Haití, Refuxiados do Sáhara ou Palestina a outras rúas da localidade.
A primeira familia de refuxiados ucraínos chegará a próxima semana
O concello prevé que a primeira familia de refuxiados ucraínos chegue a semana que vén a Fuentes de Andalucia, rebautizado como Ucraína.