Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vicepresidenta Montero denuncia "asimetría política" na reacción ás filtracións sobre a UCO

A vicepresidenta Montero denuncia "asimetría política" na reacción ás filtracións sobre a UCO

Considera que os casos da militante socialista Leire Díaz e o excapitán da UCO, Juan Vicente Bonilla, non son comparables

Destaca que Bonilla, a soldo do goberno de Madrid, fala de cuestións que teñen que ver coa integridade física de Sánchez

Feijóo ínstalle a rectificar logo dos desmentidos en varios medios sobre os audios do mando da UCO que daban a entender un ataque o presidente do Goberno

G24.gal 31/05/2025 20:05

A vicepresidenta do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero, cre que o PP vai intensificar os seus ataques ao goberno para quentar motores cara a manifestación do próximo domingo. Montero denuncia a "asimetría" coa que se afronta a filtración das gravacións da militante socialista, Leire Díez, e as do excapitan da UCO que traballa agora para Isabel Díaz Ayuso.

"Estamos asistindo á aparición de informacións nas que unha persoa pertencente á garda civil, un alto cargo contratado por Ayuso está falando de cuestións que teñen que ver coa propia integridade física do presidente do Goberno, hai unha asimetría total, é intolerable o que estamos vendo, o que estamos lendo sobre un cargo pagado polos madrileños e os españois".

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, instou este sábado ao Goberno para rectificar as súas críticas tras a publicación por parte de varios medios, posteriormente desmentida, duns audios entre o ex capitán da UCO da Garda Civil e outra persoa, na que se falaba do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

As informacións falaban dun posible atentado contra o xefe do Executivo por parte da UCO e posteriormente foron rectificadas polos mesmos medios, aínda que previamente a vicepresidenta primeira do Goberno, María Jesús Montero, e o ministro para a transformación dixital, Óscar López, referíronse a elas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade