Publicador de contidos

Publicador de contidos

Leire Díez, satisfeita co trato "cariñoso e ben" do PSOE

Leire Díez, satisfeita co trato "cariñoso e ben" do PSOE

A militante socialista di sentirse "abraiada pero ben" tras a publicación duns audios que a comprometen nunha presunta trama dirixida desde Ferraz contra a UCO

O PSOE comprométese a levar a investigación ata o "final" e di estar farto de "cacerías e montaxes"

O PP lémbralles aos socios do Goberno que se seguen apoiando a Pedro Sánchez serán "serán cómplices" dun "capo"

Leire Díez di que "está ben, abraiada, pero ben"
G24.gal 30/05/2025 14:25

Leire Díez, amósase abraiada, pero ben, despois de que saíran á luz os audios que a comprometen nunha presunta trama dirixida desde Ferraz para desprestixiar a UCO. Nunha entrevista a Telemadrid, amósase satisfeita coa reacción do PSOE. Asegura que no Partido Socialista estiveron cariñosos e ben. De momento, abríronlle expediente informativo, pero garanten que chegarán ata o final. 

Esquerda Unida esíxelle máis transparencia e contundencia. No PSOE piden ir paso a paso e insisten en que estamos ante unha operación de acoso e derribo e din estar "fartos de cacerías e montaxes". Teoría que non comparten en Génova. Alí falan dunha operación propia da mafia onde Pedro Sánchez sería o "capo" e tería ao seu cargo "esbirros para intentar asustar os seus inimigos", segundo, Miguel Tellado, o voceiro parlamentario do Partido Popular. 

O presidente mantén o silencio, pero tirou do dato do IPC para lembrarlle a Feijóo, a través de X, que o executivo "funciona fronte aos do non a todo". E deixa clara a súa intención de seguir adiante. Conta co apoio de Sumar. Yolanda Díaz descarta que prospere a idea de moción de censura lanzada por Feijóo. Di que é un "delirio" pedir axuda aos socios para presentar unha moción de censura.

A vicepresidenta segunda pídelle "seriedade e se quere presentar unha moción de censura que o faga el só". E atrévese a prognosticar que o líder popular "non vai chegar á Moncloa xamais".

No PP asumen que os números non dan, pero lémbranlle aos socios do goberno que "quen a mala árbore se arrima, mala sombra o acubilla". Mentres, tentarán gañar a batalla da rúa con esa concentración programada para o 8 de xuño en Madrid. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade