Publicador de contidos

Publicador de contidos

Á venda Villa Aurora, un pavillón de caza do século XVII en que Caravaggio fixo o seu único mural

Á venda Villa Aurora, un pavillón de caza do século XVII en que Caravaggio fixo o seu único mural

Bill Gates e un emir de Qatar están entre os interesados en poxar pola mansión

Púxose en venda por 500 millóns de euros

G24.gal 18/01/2022 21:42

Está á venda en Roma Villa Aurora, un antigo pavillón de caza do século XVII reconvertido en mansión de luxo. No seu interior agocha o único mural que realizou Caravaggio. Unha xoia que está en venda desde esta tarde por case 500 millóns de euros.

O pazo pertencía a un privado, á familia Ludovisi, e segundo os medios italianos as desputas entre os herdeiros fixeron que o tribunal decretara a venda do histórico edificio do século XVII.

Ten once cuartos e dez baños, varias obras de arte, entre as que a máis destacada é, sen dúbida, o Caravaggio que decora o teito. Pero tamén hai obras de Guercino, unha escultura do século I e outra atribuída a Miguel Anxo.

O novo propietario deberá facerse cargo dos gastos de reestruturación, 11 millóns de euros, pero ao tratarse dun ben protexido, o Goberno italiano poderá decidir se superar a oferta feita polo mellor comprador. Aínda que o terá difícil: en Italia din que entre os posibles compradores hai sultáns e ata Bill Gates.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar