Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vacina universal contra todos os coronavirus sería factible nuns dous anos

A vacina universal contra todos os coronavirus sería factible nuns dous anos

O experto inmunólogo Óscar de la Calle aposta por un cambio na estratexia de vacinación

Considera que as vacinas actuais non serían eficaces para unha cuarta dose

 

G24.gal 06/02/2022 21:15

Os mecanismos para o control da pandemia quedaron en cuestión coa expansión case exponencial da variante ómicron en poucas semanas. A partir de aí xorde a controversia de se as actuais vacinas están obsoletas de cara aos próximos meses. Cuarta dose de reforzo coas actuais vacinas, si ou non? Esa e a interrogante do momento:

"Non, eu non creo que haxa que poñer unha cuarta vacina do mesmo que nos puxeron a primeira, a segunda e nalgúns casos, por exemplo o meu, a terceira. Habería que prever utilizar vacinas novas adaptadas ás novas variantes, como están xa producindo tanto Moderna como Pfizer, ou contra outro tipo de antíxenos porque as primeiras concentráronse nun único tipo de antíxenos, os da famosa espiga", sinala Óscar de la Calle, secretario da Sociedade Española de Inmunoloxía.

De la Calle, que é medico inmunólogo á vez que docente universitario, considera que a inmunidade de rabaño é descartable neste 2022, pero avanza unha solución no horizonte. Ten nome: vacina universal, e non constitúe unha utopía.

"A idea sería conseguir unha vacina universal non só para o SARS CoV-2, que produciu o covid-19, senón para todos os coronavirus que están agora e os que poidan saír. Esa sería a opción a medio e longo prazo e iso é o que están estudando os Institutos Nacionais de Saúde dos Estados Unidos. Eu creo que non queda demasiado tampo, talvez un ano ou dous".

Esas vacinas universais que xa se desenvolven nos Estados Unidos serían gratuítas, sen patentes, e o obxectivo inicial é doalas á OMS. Iso suporía traspasar unha fronteira na vacinación contra a covid-19.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade