Publicador de contidos

Publicador de contidos

A USC busca voluntariado para comunicar doentes da covid–19 coas familias

A USC busca voluntariado para comunicar doentes da covid–19 coas familias

A cátedra de Cronicidade da USC fai este traballo desde os primeiros tempos da pandemia

Teléfonos e tabletas permiten a interacción entre doentes e familias
G24.gal 29/01/2022 14:29

A aparente frialdade da tecnoloxía permítelles aos voluntarios do proxecto Higea poñer en contacto pacientes illados pola covid–19 coas súas familias.

Teléfonos móbiles e tabletas posibilitan que interaccionen coas persoas queridas, falando, rindo, e esquecendo por uns momentos a soidade imposta polo virus.

A maior parte do voluntariado estuda Medicina, como Manuel García, que forma parte do proxecto desde os primeiros momentos e que avalía moi positivamente a experiencia.

Formación previa

Antes de intregrarse no proxecto, reciben formación específica sobre a covid–19 e os elementos de autoprotección. Tamén sobre a linguaxe verbal e non verbal necesaria para tratar situacións que poden ser moi delicadas.

A cátedra de Cronicidade, dirixida polo doutor Antonio Pose, xefe de medicina interna do hospital clínico de Santiago, busca agora máis persoas voluntarias entre estudantes de profesións sanitarias. Polo momento, hai dezanove.

As persoas que queiran apuntarse a este proxecto Higea poden facelo a través das páxinas web da cátedra de Cronicidade ou da Universidade de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos