Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Universidade de Santiago aumenta un 10% as prazas en Medicina

A Universidade de Santiago aumenta un 10% as prazas en Medicina

Contará no próximo curso 2023-24 cun total de 403 prazas

G24.gal 30/03/2023 19:59

A Universidade de Santiago de Compostela confirmou este xoves que a Facultade de Medicina contará no próximo curso 2023-24 cun total de 403 prazas, o que supón un incremento do 10% respecto ao último curso.

Así o recolle a oferta global aprobada este xoves na reunión do Consello de Goberno, que confirma a oferta da USC nun total de 4.754 prazas en grao, 1.796 en máster e 849 en doutoramento.

No que respecta ao persoal traballador da universidade, a directiva da institución académica aprobou a creación de medio cento de prazas de profesor axudante doutor e a convocatoria dunha trintena de concursos para estabilizar esta figura docente a través de prazas docentes contratados como doutor.

Tamén recibiu o visto e prace da dirección da USC o impulso a unha vintena de prazas de profesorado asociado, medio cento para Ciencias da Saúde e a reposición de 13 vacantes de profesorado con vinculación temporal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade