A Eurocámara fiscaliza a xestión dos fondos de recuperación en España
O Goberno di que a xestión é transparente e que se está facendo ben
A Unión Europea comeza a fiscalizar os fondos que están recibindo os distintos estados para axudar na recuperación económica tras da pandemia. En España son preto de 40.000 millóns de euros para os proxectos recollidos no Plan de Transformación e Resiliencia.
"Somos os que máis fondos recibimos e ademias somos os primeiros. Estamos sendo o coelliño de indias".
A comisión de dez eurodeputados que encabeza a alemá Monika Holmeier manterá xuntanzas con ministros do Goberno, coas comunidades autónomas e tamén con axentes sociais. O obxectivo é comprobar se se están a cumprir os prazos e os fins das axudas.
"Espero que sí. Agardamos que esta misión nos dea máis información".
"Chama a atención a participación de eurodeputados de Vox e do PP. Pero o noso interese é ter unha visita o máis obxectiva e técnica. Estámolo facendo ben".
As comunidades piden máis participación na adxudicación de proxectos. En Galicia, a Xunta pide ademais igualdade no repartimento dos fondos.
"O Goberno está utilizando o Boletín Oficial do Estado para repartir fondos a algunhas comidades autónomas máis como un medio para manter os gobernos que para favorecer o tecido industrial".
Tamén os empresarios constatan o atraso na chegada dos fondos e piden máis tempo para a execución dos proxectos.
"Polo menos un ano máis. Todos os países da Unión Europea estamos afectados pola crise global da inflación das materias primas".
España ten pendente un cuarto paquete de fondos ligado neste caso á reforma do sistema de pensións.