Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE estuda poñerlle a etiqueta verde á enerxía nuclear

A UE estuda poñerlle a etiqueta verde á enerxía nuclear

Facilitaría o financiamento de novas centrais

Tamén se baralla cualificar de sostible o gas natural

Antón Montero 05/11/2021 20:36

A Comisión Europea estuda outorgar a etiqueta de verde á nuclear e tamén ao gas. Ao darlles esa categoría, Bruxelas facilitaría os investimentos do sistema financeiro nestas fontes de enerxía.

Todo nace da presión política exercida dun grupo de dez países liderados por Francia. Insisten que non se pode prescindir da nuclear nun contexto como o actual, coa factura da luz disparada.

Defenden que o continente necesitará a nuclear durante a transición ecolóxica ás renovables, para non depender dos hidrocarburos e o carbón. Porque é barata e non emite CO2.

A Comisión Europea semella convencida. Aquí en Bruxelas estase a filtrar que a nuclear recibirá a categoría de verde na nova taxonomía da UE, o conxunto de regras que limitarán onde pode investir o sistema financeiro nas vindeiras décadas.

Ademais, o gas sería cualificado como sostible e transitorio se esta industria se compromete cuns niveis baixos de emisións de CO2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade