Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE e os EUA reforzan a súa alianza enerxética para garantir a subministración de gas

A UE e os EUA reforzan a súa alianza enerxética para garantir a subministración de gas

Fixan os seus esforzos nos países do Golfo Pérsico como subministradores a Europa

Os Estados Unidos son o maior provedor de gas natural licuado a Europa 

G24.gal 28/01/2022 19:16

Ante a ameaza do conflito ruso-ucraíno, a Unión Europea e os EUA reforzaron este venres a súa alianza enerxética para garantir a subministración de gas ao bloque comunitario no caso de crise.

A presidenta da Comisión Europea e o presidente dos Estados Unidos fixeron unha declaración conxunta na que se comprometen a intensificar a a cooperación enerxética para que cidadáns e empresas europeas e dos países veciños dispoñan dunha subministración fiable e asequible.

A UE depende en gran medida das importacións de gas procedentes de Rusia, que concentra o 41 % e distribúe gas en vinte estados europeos. Ademáis, os depósitos de gas europeos á metade do inverno están ao 40 %.

Washington é hoxendía o maior provedor da Unión Europea de gas natural licuado pero, na declaración de hoxe, ambos asinantes se comprometen a traballar con gobernos e operadores de mercado de todo o mundo, como Catar e os países do Golfo Pérsico, para subministrar volumes adicionais de gas natural a Europa.

O vindeiro 7 de febrero, ambos bloques celebrarán un Consello de Enerxía UE-EUA na capital estadounidense cunha axenda dominada pola seguridade enerxética e os mercados.

Un paso máis de Bruxelas para demostrarlle a Rusia a súa determinación de reducir a dependencia do seu gas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade