A UE autorizará en poucas semanas o antiviral contra a covid–19
Agora mesmo só pode empregarse en casos de emerxencia
Indicado para os adultos maiores de 12 anos con casos moderados de covid–19 en risco de seren graves
Pedro Sánchez tamén anunciou a compra de 344.000 doses do antiviral de Pfizer, que xa está nas últimas etapas para a súa autorización definitiva na Unión Europea.
Agora mesmo só pode empregarse en casos de emerxencia, pero a Axencia Europea do Medicamento recibiu a última solicitude para ser comercializado, e parece que o fará en poucas semanas.
Así o recoñece a propia Axencia Europea do Medicamento, logo de recibir a solicitude da farmacéutica Pfizer para autorizar a comercialización xeneralizada do antiviral Paxlovid.
O regulador sanitario da UE xa está nas últimas etapas da súa avaliación.
Para empregalo nos adultos maiores de 12 anos con casos moderados de covid–19 en risco de seren graves.
Paxlovid é a primeira pílula que bloquea dende o interior do organismo o contaxio do virus da covid–19. A súa eficacia para evitar hospitalizacións graves chega case ao 90 %.
Dende decembro, cada país pode empregar este antiviral como recurso de emerxencia.
Se finalmente a Axencia do Medicamento lle dá o visto e prace, distribuirase de xeito xeneralizado, igual que as vacinas.
E a Unión Europea aumentará o seu arsenal farmacéutico contra a pandemia.