Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UCO acusa a Piqué de ser "parte activa" no contrato da Supercopa e pide rastrexar o diñeiro en Arabia Saudita

A UCO acusa a Piqué de ser "parte activa" no contrato da Supercopa e pide rastrexar o diñeiro en Arabia Saudita

Pide ao xuíz que solicite unha comisión rogatoria ao país para que identifique as contas bancarias do exxogador do Barça e do expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) Luis Rubiales

Foto de arquivo de Gerard Piqué Foto de arquivo de Gerard Piqué
G24.gal 12/12/2024 20:22

A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil conclúe que o exfutbolista Gerard Piqué foi "parte activa" no contrato que levou a Supercopa de España de fútbol masculino a Arabia Saudita. Pide ao xuíz que solicite unha comisión rogatoria ao país para que identifique as contas bancarias do ex-xogador do Barça e do expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) Luis Rubiales.

Así o sinala nun informe que achegou ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 4 de Majadahonda, no que se investigan presuntas irregularidades cometidas na RFEF durante a xestión de Rubiales no traslado da celebración da Supercopa ao país árabe.

Os axentes solicitan á xuíz Delia Rodrigo que libre a comisión rogatoria ao entender que hai "información que pode ser de utilidade para o esclarecemento dos feitos" e que "se atopa baixo a tutela das autoridades do Reino de Arabia Saudita".

A UCO está interesada en que se identifiquen as contas bancarias nas que figuren, "en caso de existir", Piqué e Rubiales, así como Tomás González Cueto, exasesor xurídico da RFEF, e Ángel González Segura, relacionado coa empresa que realizou obras no estadio da Cartuxa de Sevilla, entre outros investigados. Reclama a mesma información sobre as empresas F. C. Andorra Sade, as sociedades do grupo empresarial Kosmos, Gruconsa e Dismatec Sport, entre outras.

Tamén quere que se requira ás autoridades sauditas información sobre a mercantil SELA -empresa pública saudita- e a firma do acordo coa RFEF para a celebración da Supercopa. Así mesmo, quere que Arabia Saudita achegue información sobre "a posible participación do Grupo Conector SA (Gruconsa) na construción dun estadio de fútbol".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade