Publicador de contidos
Publicador de contidos

A U. D. Ourense sobrevive na Lomba e segue na pelexa polo ascenso (1-2)

A U. D. Ourense sobrevive na Lomba e segue na pelexa polo ascenso (1-2)

Labrada marcou o gol da clasificación na prórroga (1-2)

O visitante David Rojo tivo que marchar do partido no treito final e semella que cunha lesión grave

G24.gal 26/05/2024 23:43

A Unión Deportiva Ourense segue na pelexa polo ascenso despois de sobrevivir a un partido moi intenso no campo da Lomba. Estaba na obriga de gañar e conseguiu facelo despois dunha prórroga agónica (1-2). 

O encontro comezou dun xeito inmellorable porque no primeiro tempo un exarousista como Luismi conseguía marcar o primeiro gol para o equipo de Borja Fernández. Non conseguía o Arousa meterlle man á portería de Álex Cobo ata que o colexiado pitou un discutido penalti sobre Borja Míguez. Sylla non errou e marcou o gol que levaba a eliminatoria á prórroga.

Por mellor clasificación na competición ligueira o Arousa tiña o pase no peto se aguantaba o empate pero Labrada, o xogador ao que lle pitaron o penalti, acertou nunha acción a balón parado que entrou na meta de Manu Táboas con suspense. A U. D. Ourense aguantou, con lesión grave incluída de David Rojo, e puido festexar o paso á segunda eliminatoria, na que se enfrontará ao Gran Peña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos