Publicador de contidos

Publicador de contidos

A TVG retransmitirá os partidos do Breogán na Básket Champions League

A TVG retransmitirá os partidos do Breogán na Básket Champions League

Será a través da nosa segunda canle, a TVG2

Ofreceremos tanto os partidos de casa como os de fóra

G24.gal 25/09/2023 13:22 Última actualización 25/09/2023 13:26

A TVG retransmitirá os partidos do Río Breogán na Básket Champions League (BCL). Será a través da nosa segunda canle, a TVG2, e ofreceremos tanto os partidos de casa como os de fóra.

O Río Breogán empezará a súa andaina na BCL o 18 de outubro e farao como local, no Pazo dous Deportes de Lugo, ante o Bursaspor turco. Tras o citado debut, o equipo de Veljko Mrsic xogará dous desprazamentos consecutivos, o 25 de outubro visitará ao Hapoel Holon israelí e o 8 de novembro xogará na cancha do campión do torneo europeo, o Telekom Bonn.

A segunda volta comezará para o conxunto breoganista en Lugo ante o Hapoel Holon o 22 de novembro, o 6 de decembro visitará ao Bursasport e finalizará na primeira fase no Pazo ante o Telekom (20 de decembro).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade