Publicador de contidos

Publicador de contidos

A TVG impulsa a primeira película sobre Castelao

A TVG impulsa a primeira película sobre Castelao

O filme estará protagonizado por Tamar Novas e dirixido por Ángeles Huerta

Rodarase nos lugares que habitou o intelectual

G24.gal 28/09/2023 20:31

A primeira película de ficción sobre o intelectual, escritor e político galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao rodarase en lugares que habitou: Pontevedra, Santiago, Rianxo e Bretaña.

Este filme que impulsa a TVG está protagonizado por Tamar Novas e dirixido por Ángeles Huerta. Producido por Zenit TV, conta con guión de Pepe Coira e o asesoramento do presidente da Fundación Castelao Miguel Anxo Seixas.

A obra "trata momentos aparentemente menores" na traxectoria de Castelao, pero, "de feito, reúne todos os roles" do autor de Sempre en Galiza: médico, humanista, político, xornalista e debuxante. En concreto, busca achegarse á persoa máis que ao personaxe e centrarse en dous momentos concretos da súa vida: cando se integra na militancia galeguista coa súa participación na Asemblea dás Irmandades da Fala de 1918 e na chegada da República.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade