Cargando resultados...
A tradición dos churros de Aninovo permanece malia as restricións
.O atraso nas aperturas das churrerías non impediu a chegada de clientes máis tardíos
G24.gal
01/01/2022 16:28
Jaime e a súa familia colleron o traspaso desta churrería no 2.008, co cal este é o decimocuarto Ano Novo que abren ao público.
A de Jaime é unha familia de emigrantes retornados, no acento aínda se recoñece a súa Cuba natal.
Cando volveron a España deixaron as súas profesións anteriores e foron especializándose na elaboración de churros.
Fariña, auga, sal e aceite para a fritura son os ingredientes.
Este ano as restricións non lles permitiron abrir antes das 10 da mañá.
Dende esa hora non pararon un segundo.
O día 6 volverán ter moita actividade, malia que non tanta coma hoxe.
Outro indispensable é o compango do churro, o chocolate quente.