A CRTVG ofrecerá unha enquisa elaborada por Gad3 ao peche dos colexios
A CRTVG ofrecerá unha enquisa elaborada por Gad3 ao peche dos colexios
A enquisa avanzará os resultados das eleccións municipais nas sete cidades galegas
Máis de 3.500 entrevistas desenvolvidas para as eleccións municipais e unhas 8.000 para as autonómicas. A empresa Gad3 realizou un completo traballo nos 26 días previos a esta xornada electoral. Os datos recollidos avanzan algunhas tendencias.
"Parece que o mapa vai ter máis azul ca vermello. Pero ganar non vai significar gobernar. Aí teremos que ir vendo porque en moitos territorios os resultados van estar moi axustados".
En Galicia realizáronse entrevistas teléfonicas tanto a fixos coma a móbiles nun ámbito que comprende as 7 grandes cidades da nosa comunidade.
"Temos claro Ferrol e Vigo, onde vai haber maioría absoluta dun lado e doutro. Cremos que o Partido Popular vai ser a forza máis votada no resto, pero non vai ter a forza dabondo para chegar ás maiorías absolutas. No resto das cidades o PSOE e o BNG poden sumar e non habería cambios".
Por autonomías, a enquisa recolle as tendencias de voto en Madrid, Valencia, Castela-A Mancha e Aragón.
"Mantemos que vai haber cambio en Aragón. Moitas das cousas que veremos este 28M, como pasou en Andalucía ou en Castela-León, terán que ver co debate territorial".
A enquisa realizada nesta xornada electoral, xa co datos recollidos ás portas dos colexios coñecerase, aquí na Televisión de Galicia, ás 8 da tarde.