Cargando resultados...
A sinatura feminina no cinema galego, con Ángel Suanzes
Marta Valverde, Eire Cid ou Lucía Estévez, algunhas das novas olladas do cinema galego.
G24.gal
23/11/2022 16:05
30 70 60 120, de Marta Valverde, retrata o día a día dunha traballadora sexual. O filme estreouse no Festival de Jhilaba na República Checa.
Manifesto, de Eire G. Cid, estreouse no Curtocircuíto na sección Supernova. É unha ollada á identidade feminina no contexto dunha rapaza que queda pechada no seu cuarto.
O neno sardiña, de Lucía Estévez, estreouse no FIC Xixón con María Vázquez e Miguel Canalejo como protagonistas. É un achegamento a un particular enterro da sardiña.