A sexta vaga segue perdendo forza en España, coa taxa de hospitalizacións en risco baixo
A incidencia baixa outros 14 puntos e sitúase en 472 casos
O Ministerio notificou 202 falecementos
A magnitude da sexta vaga segue o seu descenso, coa incidencia acumulada en 472 casos (14 puntos menos) e 23.140 novos contaxios detectados, mentres que os hospitais se liberan de pacientes covid cunha ocupación nas unidades intensivas (9,7 %) e en planta (4,8 %) xa en risco baixo.
As comunidades reportaron ao Ministerio de Sanidade 202 mortes no último día, dato que eleva a 13.322 os decesos no que vai de sexta onda, que dura xa máis de catro meses, e a 100.239 desde o inicio da pandemia.
Rexistráronse máis de 23.000 contaxios fronte aos 18.803 de onte, coa incidencia que se sitúa en cotas similares ás rexistradas a mediados de decembro, cando a sexta vaga superou os 400 casos e ía en forte ascenso.