Publicador de contidos

Publicador de contidos

A sexta onda desescala cara a unha atención centrada nos vulnerables

A sexta onda desescala cara a unha atención centrada nos vulnerables

A mellora na situación epidemiolóxica permite xa destensionar as restricións e a realización de probas diagnósticas

G24.gal 15/02/2022 14:28

O sistema de saúde traballa xa nunha desescalada de todas as actividades establecidas para o control da pandemia. Nos hospitais, por exemplo, trabállase xa para normalizar a atención dos pacientes covid positivos sen síntomas e que ingresan por outras patoloxías. A idea é centrar o esforzo covid na atención dos inmunodeprimidos e na vixilancia extrema dos non vacinados.

"O sistema non pode seguir aguantando esta presión de ir á análise individualizada de cada caso positivo ou de contactos estreitos".
 

Por iso e porque a onda remite, desaparecen as ringleiras que viamos hai semanas nos centros de cribado, que quedan agora reducidos a un servizo de diganóstico, pero con moito menos movemento.

O esforzo de detección está agora na vixilancia global. E deséñase nun sistema sentinela, aleatorio, como o da gripe, combinado con outros sistemas ensaiados durante a pandemia e que se amosaron eficaces como a análise de augas residuais, que permite adiantar as tendencias entre sete e dez días. E tamén a detección de variantes.

"Pero non debemos entrar en pánico cada vez que a ciencia comunica que aparece unha nova variante", advirte o microbiólogo da USC Jesús López Romalde.
 

As variantes hai que vixialas, e se ningunha máis virulenta lle dá unha volta á situación, as perspectivas son boas.

 

"De que imos realmente cara á fin da pandemia como tal, e á incorporación do SARS-CoV-2 coma un virus dos que habitualmente traballamos; cos esforzos postos atopar estratexias de protección dos vulnerables", explica a xefa de Preventiva da área de Santiago, Cristina Fermández.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade