Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección española remonta ante Irlanda do Norte

A selección española remonta ante Irlanda do Norte

Goleada dos equipo de De La Fuente (5-1) no último amigable preparatorio antes da Eurocopa

Foto: EFE
G24.gal 08/06/2024 22:37

Último partido amigable de preparación para a Eurocopa da selección española de Luis de la Fuente a desputada no estadio de Son Moix. O once semellou bastante titular mais non se transmitiu na entrada ao campo. Irlanda do Norte adiantouse aos dous minutos de partido nunha falta lateral que era rematada por Ballard. Esa labazada non lle fixo graza ao seleccionador nin aos seus, que puxeron velocidade de cruceiro e comezaron a asoballar aos visitantes. Tanto foi así que ao descanso non só remontara, senón que España marcara catro goles. Primeiro foi Pedri nun golpeo dende a frontal, Morata nun cabezazo cruzado, outro de Pedri e por último Fabián. Resultado de 4-1 ao tempo de lecer e as sensacións eran de que España chegaba con moita facilidade.

A segunda metade mantería a mesma liña. Antes do minuto sesenta xa caera outro gol español, esta vez coa sinatura de Oyarzábal (que xa marcara tres no primeiro amigable) tras unha boa acción de Lamine Yamal. Precisamente era o novo xogador do Barcelona o que erguía á afección dos seus asentos cada vez que tocaba o balón. O ritmo do partido baixou fortemente na segunda metade e España tocaba cómoda sen xerar perigo. Unha das máis claras foi para o cadro norirlandés, que nunha transición ofensiva fixo estirarse a Unai Simón nunha gran parada. Outra moi clara pasou polas botas de Joselu que enviou alto un balón case na área pequena rival. 

Resultado final de 5-1 e España ten a mente xa na Eurocopa que comezará ante Croacia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade