Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección feminina de baloncesto xogará un torneo internacional en Vigo

A selección feminina de baloncesto xogará un torneo internacional en Vigo

Italia e China serán os seus rivais entre o 24 e o 26 de maio

O torneo abrirá a preparación da Selección Feminina para o EuroBasket de Eslovenia e Israel

G24.gal 16/02/2023 16:27 Última actualización 16/02/2023 16:33

Vigo será o cuartel xeral da Selección Feminina neste verán de 2023. Na cidade galega iniciarase a concentración e xogarase o primeiro torneo de preparación, os días 24, 25 e 26 de maio, con potentes rivais como China e Italia.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o presidente da FEB, Jorge Garbajosa; e o novo presidente da Federación Galega, Julio Bernárdez, presentaron na cidade galega o Torneo Internacional que abrirá a preparación da Selección Feminina para o EuroBasket Feminino de Eslovenia e Israel.

Os rivais serán China, actual subcampión do mundo e número 2 da clasificación; e Italia, un histórico do baloncesto europeo e 16 na clasificación FIBA. O baloncesto feminino volveu  rexurdir en Galicia, co Durán Maquinaria Ensino en LF Endesa; e o Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi nos primeiros postos da LF Challenge.

Ata catro xogadoras galegas participaron nos partidos de clasificación para o EuroBasket: Raquel Carrera, María Araújo, Paula Ginzo e Marta Canella, ademais do seleccionador Miguel Méndez.

Precisamente o alcalde Abel Caballero anunciou que Miguel Méndez será nomeado vigués distinguido en 2023, ademais de asegurar estar “ilusionado de ser sede dun torneo de gran calidade para a preparación do que seguro que será un novo éxito da selección feminina do baloncesto”.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou que “Vigo será máis grande converténdose durante uns días no epicentro do baloncesto feminino”.

O presidente da FEB, Jorge Garbajosa, engadiu que “para nós é un ano especial no que celebramos os 100 anos da Federación, e regresar a Vigo coa selección feminina é un novo motivo de alegría.”

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade